martes, diciembre 12, 2006

Rematamos a primeira avaliación

Despois deste impás de vacacións na ponte da constitución lembrovos que o vindeiro día de clase faremos un pequeno control de coñecementos aprendidos no trimestre que será oral e presencial.

As preguntas que deberedes contestar son as mesmas que tedes no blog deste trimestre.

As notas reflictiran o voso traballo no día e o traballo realizado o longo da avaliación, así que agora podedes repasar todos os comentarios feitos por vos e polos vosos compañeiros.

lunes, noviembre 27, 2006

Onde podemos facer unha publicación da web

Unha vez que xa sabemos como conectamos con internet, e que tipos de dominios existen, so temos unha necesidade máis, coñecer onde podemos deixar o ubicar os contidos da nosa propia páxina web...

A este servicio se lle coñece como HOSTING, gustaríame saber algunha das empresas que existen que ofertan o hosting das páxinas webs, os prezos e as condicións do servicio...

viernes, noviembre 24, 2006

Por fin xa temos ADSL ...

Despois de moito tempo esperando pola nova conexión a internet, xa temos actualizada a velocidade de acceso a internet, pasamos da RDSI o ADSL.

Pois ven, xa que todos estivemos traballando en configurar os equipos para poder volver a conectar coa nova conexión, as preguntas que tedes que buscar e responder son precisamente estas...

Qué significa RTC (RTB), RDSI e ADSL?

Que velocidades de acceso a internet ten cada unha?, cal sería a posible mellora ou evolución da nosa rede se poideramos mellorala...

En Galicia temos unha empresa R, que ofrece servicios integrales cun sistema diferente a todos estes, e ademáis existen outras ofertas similares en contidos e prezos, pero con tecnoloxías diferentes, cales serían?

lunes, noviembre 06, 2006

Continuamos co tema 1

Despois do parón propiciado pola vosa excursión a Cantabria... continuamos un pouco con isto da informática...

Xa temos claro o concepto de INTERNET e o WWW, pero para que o utilizamos, pois está claro nas vosas respostas, para ver páxinas web, pero que é unha páxina web, que tipos de páxinas webs existen, en que se diferencian, para que valen...

O propio nome da páxina web sempre aparece precedido por:

http://www.nomedaweb.oquesexa

Que é o http://, porque as páxinas terminan en .oquesexa , que significan os puntos do nome da páxina ou do dominio, que é o dominio, que tanto se escoita no mundo da informática, que posibles teminacións poden aparecer...

viernes, octubre 13, 2006

Comenzamos o curso co tema 1

Despois de utilizar e aprender a manexar o BLOG, os de meitufe comezamos o curso te Inicaición a Tecnoloxía Informática en serio co tema 1 da programación establecida polo departamento de Tecnoloxía do CPI de ATIOS:

Unidade 1: A sociedade da información e as novas tecnoloxías

Neste tema temos que aprender o que é INTERNET, será a primeira cousa da que debemos enviar comentarios. Despois de coñecer unha amplia definición deste concepto tan amplo, sería interesante facer unha busca sobre o termo WWW, que significa, cando apreceu por prmeira vez, para que serve...

lunes, octubre 09, 2006

Esta vez imos ver os buscadores

Según algunha das publicacións actuais de informática os tipos de buscadores que existen son dous, dependendo da forma de clasificación da información.

Por un lado, atopamos os de DIRECTORIOS e por outra banda atopamos as ARAÑAS ou SPIDERS.

Hoxe pidovos que sexades capaces de encontrar algún dos tipos de buscadores mencionados e enviedes a dirección para poder visualizalos e intentar probalos.

NOTA: tamén poden ser en inglés.

miércoles, octubre 04, 2006

Nova clase cos de Meitufe

Hoxe imos ver os dispositivos de entrada e saída de datos dos equipos informáticos que sexan ópticos (CD-ROM, DVD, CD-R, CD-RW...) últimamente están a sair novos modelos de dispositivos deste tipos que pretenden revolucionar a capacidade de almacenamento que temos ata lo de agora..
O alumnado ten que buscar cales son este novos dispositivos e falar deles nos comentarios a este artigo.
Multinacionais importantes están tentando ter o sistema que acapare a mirada de todos os usuarios e desta maneira copar o mercado...

lunes, octubre 02, 2006

Despois de moitos atrancos co blog comenzamos o curso

Hoxe luns día 2 de outubro comenzan as clases co horario compreto, e a 6ª hora da mañán temos clase os de Meitufe, espero que alguén nos comentarios explique o por qué deste nome para o blog.

Todo a alumnado de 4º ESO de informática ten acceso a deixar comentarios no blog, ademais de poder realizar calquera tipo de aportacións o grupo, os de fora da clase de ITI tamén podedes deixar comentarios sempre que sexan didácticos.

viernes, septiembre 29, 2006

Bos días a todos dende o CPI DE ATIOS

Datos personales

Mi foto
Profesor de Tecnoloxía IES Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña).